Agricultura

Amplo programa de actividades esta fin de semana na Festa da Pataca de Coristanco

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/09/2019 10:58 a.m.

Dende este venres pola tarde e ao longo de toda a fin de semana celebrarase a Festa da Pataca de Coristanco, un evento que chega á súa edición número 39 e que busca poñer en valor este cultivo, emblemático deste concello coruñés.

O programa comezará esta tarde cunhas xornadas técnicas impartidas por Fernando Alonso Arce, un dos investigadores máis destacados de España neste cultivo. E xa durante toda a fin de semana celebraranse concursos, degustacións, desfile de tractores engalanados ou concertos musicais.

Velaquí o programa completo:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Venres 13 de setembro

Xornada técnica da pataca :
• 16:00 h / Presentación
• 16:15 h / Manexo de pragas e enfermidades da pataca Ponente: Fernando Alonso Arce
• 17:00 h / Valor nutricional da pataca de Galicia Ponente: Mónica Montouto Graña, doutora en tecnoloxía dos alimentos
• 17:20 h / Pausa
• 18:00 h / Novas canles de comercialización de produtos agroalimentarios Ponente: Berta Cobo Llovo, especialista en marketing
• 18:30 h / Mesa redonda a cargo dos ponentes

Sábado 14 de setembro

• 12:00 h / Apertura do recinto de exposición de maquinaria
• 12:30 h / Exposición de pintura da Asociación de Veciños de Sta. María de Traba e actuación en vivo de Loli F. España, Luis Lista e Isabel Soutullo
• 13:00 h / Exposición de fotografía histórica sobre a pataca
• 13:30 h / Degustación de tortilla de Coristanco, cervexa e viño
• 17:00 h / Presentación do proxecto para a Declaración de Interese Turístico da Festa da Pataca. Presentación da Marca de Garantía “Pataca de Coristanco”
• 17:30 h / Presentación do libro “Nas cortinas do tempo”, de José Antonio Andrade Figueiras
• 18:00 h / Obradoiro de cociña con produto local (para nenos), con Miguel Mosteiro
• 19:00 h / Xogos e obradoiros infantís
• 19:00 h / Showcooking con produto local (para maiores), con Iván Domínguez
• 20:00 h / Concerto de corais: - Asociación Cultural San Campio de Cances - Coral Polifónica Castro de Miño - Coral Polifónica Santa Cecilia de Coristanco
• 20:30 h / Degustación de produtos locais, como tortilla de Coristanco, cervexa e viño
• 21:30 h / Concerto de música tradicional do grupo “Os Deteriorados”

Domingo 15 de setembro

• 10:30 h / Concentración de tractores engalanados
• 11:00 h / Pasarrúas durante todo o día coas charangas: Charanga Recobio e Charanga Os Máquinas. Animación de rúas: A Troupa do doutor Milagre
• 11:00 h / Apertura de stands de venda de produtos locais
• 11:30 h / Desfile de tractores engalanados
• 12:30 h / Showcooking con produto local, con Miguel Mosteiro (30 degustacións x 3)
• 13:00 h / Misa cantada pola Coral Polifónica Santa Cecilia de Coristanco
• 13:30 h / Pregón a cargo de Juan José Vila
• 13:45 h / Entrega de Premios e Distincións “Pataca de Ouro 2019” Tractores engalanados, gastronómicos, etc.
• 14:00 h / Degustación de produtos locais (Restaurante Alaska, Casa Sánchez e restaurante A do notas)
• 16:00 h / Xogos infantís e xuvenís na Rúa da Pataca.
• 16:30 h / Xogos populares: tiro á corda, baile da pataca, carreira de sacos, trueiro da pataca, etc.
• 18:00 h / Concurso de habilidades con maquinaria (xincana)
• 20:00 h / Monólogo a cargo Luis Zahera (“Petróleo”) e actuación do grupo “O tren da unha”

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada