Axudas

Ampliado o prazo para pedir as axudas de prevención de lumes forestais

Medio Rural publica no DOG os anexos que permiten facer a solicitude das subvencións, dirixidas a comunidades de montes e Sofor

Campo Galego 22/01/2016 10:16 p.m.

A Consellería do Medio Rural vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) os anexos que permiten facer a solicitude das axudas de prevención de incendios. Estas axudas, dirixidas a comunidades de montes e Sofor, foran xa convocadas a finais do 2015, se ben quedaran pendentes de publicación os correspondentes anexos.

Como consecuencia do retraso na publicación dos mesmos, a Consellería amplía o prazo de solicitude das axudas, que inicialmente ía rematar o 30 de xaneiro e agora queda ampliado ata o 22 de febreiro. As subvencións van dirixidas á habilitación e mantemento de áreas cortalumes e á creación de puntos de auga no monte.

Etiquetado
Ir a la portada