A Consellería do Medio Rural publicou no DOG a ampliación de prazo de solicitude das axudas de reforestación e de tratamentos silvícolas, que se convocaran a finais do pasado ano pero sen publicar os correspondentes anexos para tramitar a solicitude. Medio Rural vén de publicar agora os anexos, así como correccións de erros da orde de fomento de silvicultura e da de reforestación.
Tras subsanar estas cuestións, o novo prazo de solicitude das axudas conclúe o 29 de febreiro. As ordes nas que se publicaron os anexos e se correxiron os erros están no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado venres 29 de xaneiro.