Alternativas ao uso do petróleo na agricultura, a debate o vindeiro mércores en Láncara

26/10/2022 12:01 p.m.

O Museo vivo e integrado do campo e da locomoción agraria (MUVICLA), situado en Láncara (Lugo), organiza o vindeiro mércores, 2 de novembro, a segunda edición das “Xornadas sobre alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas”. Trátase dun tema de máxima actualidade debido aos elevados prezos que están alcanzando gasóleo agrícola, plásticos e fertilizantes e as perspectivas de esgotamento dun recurso non renovable como é o petróleo.

As ponencias centrais correrán a cargo de Xosé Ramón Doldán García, profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e ex-director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), que falará sobre as alternativas ao uso do petróleo na maquinaria e nos insumos agrícolas, e de Joao Brandao Rodriguez, veterinario e presidente da Asociaçao Portuguesa de Tracçao Animal, que exporá a alternativa as vantaxes que supón esta alternativa aos tractores.

Seguidamente celebrarase unha mesa redonda sobre “Agricultura e Alimentación ¿Con qué enerxía?” na que gandeiros e técnicos exporán os seus puntos de vista.

A asistencia é gratuíta previa confirmación enviando un email a vazqueztrasliste@hotmail.com

Descarga aquí o programa completo

Etiquetado
Ir a la portada