Carne

Alta afluencia a Amio pola suspensión do mercado da próxima semana

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/12/2018 3:50 p.m.

O mercado de Amio rexistrou esta semana unha alta afluencia de gando, cun total de 2.462 reses, 533 máis que a pasada semana. A maior entrada de animais debeuse á suspensión da feira da próxima semana. A seguinte celebrarase o xoves 3 de xaneiro.

En canto ás cotizacións, non houbo cambios nin en Ternera Gallega nin na Mesa de Prezos de gando de abasto. Os vogais desta última mesa coincidiron en apreciar unha tendencia á baixa na recría de frisóns. Tamén as vacas das clases O e P experimentaron un mercado pesado, aínda que pénsase que é algo coxuntural.

No mercado desta semana, houbo un total de 186 exemplares de vacún grande (5 máis que a pasada semana), 305 de vacún mediano ( + 34) e 1.961 de vacún menor (+ 495).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (19-XII-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada