Noticias de empresa

Alltech selecciona titulados universitarios para formalos no sector de vacún de carne

Alltech lanza o European Beef Career Development Programme,  convocando aos futuros líderes do sector da carne de vacún

04/05/2015 4:09 p.m.

Alltech ten plans de investir un millón de dólares durante o próximo ano no desenvolvemento dunha plataforma innovadora de novas tecnoloxías, para a nutrición do gando vacún de carne, e ao mesmo tempo, está a ofertar recentes titulados universitarios, a oportunidade de asumir o liderado desta iniciativa.

As solicitudes xa se están a presentar online para o novo Alltech Beef Career Development Programme, dedicado aos recentes titulados universitarios en Europa. Cinco candidatos serán seleccionados para aproveitar esta oportunidade única de mellorar a saúde e o benestar animal, ademais de incrementar a rendibilidade do gando vacún de carne.

O programa será dirixido por Neil Keane, Director comercial de ruminantes, en Alltech. "Os titulados universitarios de hoxe tomarán as decisións estratéxicas do mañá", dixo Keane. "O enfoque que estamos a adoptar, non consiste unicamente en dar instrucións e compartir coñecementos, senón en mostrar aos titulados universitarios o camiño da aprendizaxe, por medio da experiencia.

O programa permitirá aos titulados universitarios, con paixón polo gando de vacún de carne, desenvolver solucións para os problemas emerxentes do sector e deixar o seu selo persoal neste sector en constante expansión".

Unha completa formación para os seleccionados

O Alltech Beef Career Development Programme, ofrece os mellores titulados universitarios, aos máis brillantes e motivados, a oportunidade de aprender, liderar, innovar e brillar no sector da carne de vacún, de rápido crecemento no mundo.

Os candidatos seleccionados recibirán formación, a nivel mundial, no Sistema Alltech de nutrición do gando vacún de carne, e serán asignados a algúns dos máis emprendedores feedlots, en Turquía, Italia, Alemaña, Francia e España, para aprender, de primeira man, como opera unha unidade de rematado de vacún de carne.

Os candidatos seleccionados tamén viaxarán á sede central mundial de Alltech, en Lexington, Kentucky, para un curso formativo de iniciación de tres meses.

Alltech ten como obxectivo, desenvolver o potencial de futuros líderes do sector da carne de vacún e valorar o desenvolvemento a longo prazo do talento, co Alltech Career Development Programme, en marcha dende o comezo de 2012.

O Alltech Beef Career Development Programme é un de catro novos programas, cuxo prazo está aberto actualmente para o envío de solicitudes.

Alltech aceptará as solicitudes enviadas por recentes titulados universitarios europeos que teñan titulación de grao ou licenciatura, ou a súa titulación de máster, en ciencias animais, en ciencias, en estudos agroempresariales ou en medicina veterinaria, ata o 31 de maio. Os candidatos seleccionados iniciarán o Programa en setembro de 2015.

Os aspirantes poden presentar a súa solicitude en: http://www.alltech.com/about/careers/alltech-career-development-program.

Únase á conversación en Twitter co #EUBeefCDP

Etiquetado
Ir a la portada