Axenda

“Aldeas Revoltas”: Encontro da mocidade labrega este sábado

19/09/2016 5:06 p.m.

Baixo o lema de “Aldeas Revoltas: Encontro da Mocidade Labrega”, o Sindicato Labrego Galego celebrará este sábado, en Vilar de Barrio (Ourense) unha xuntanza que inclúe ponencias, visita a unha explotación en ecolóxico, debates e cea e baile como peche da xornada.

As persoas interesadas en asistir deberán enviar un correo electrónico a mocidade@sindicatolabrego.com

Velaquí o programa da xornada:

Ir a la portada