Leite

Alcaldes de concellos gandeiros reclaman un prezo digno para o leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/07/2015 6:16 p.m.

Esta mañá celebrouse en Santiago de Compostela a segunda reunión de alcaldes e alcaldesas de concellos afectados pola crise do sector lácteo. O encontro serviu para avanzar no xeito de canalizar as demandas dos gandeiros e para reclamar unidade de acción con sindicatos e organizacións agrarias na reivindicación dun prezo xusto e digno para o leite.

Os rexedores, un total de 18, principalmente de concellos gobernados polo nacionalismo (BNG, ANOVA e Compromiso por Galicia) decidiron utilizar a proposta en defensa do sector lácteo que ven de aprobar a Xunta de Goberno de Lalín como base dunha resolución conxunta á que se poderán adherir todos os concellos galegos que así o desexen.

Velaquí o texto da proposta.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada