Leite

Agromuralla decide manter os tractores na súa ubicación actual de xeito indefinido

Presión da Federación de Comercio de Lugo, que da aos gandeiros de prazo ata este xoves para que retiren os tractores da Muralla. A alcaldesa convida aos gandeiros a que “amosen empatía co comercio local”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
06/01/2016 11:27 a.m.

Os gandeiros do colectivo Agromuralla, que dende o pasado 10 de decembro manteñen rodeada a Muralla Romana de Lugo cos seus tractores en demanda dunha suba de prezos en orixe, decidiron onte pola noite manter os tractores na súa ubicación actual de xeito indefinido. Iso malia as presións da Federación de Comercio de Lugo para que cambiasen de lugar de estacionamento ante as importantes perdas que, aseguran, lles están a provocar aos comercios.

Na tarde de onte varios representantes de Agromuralla mantiveron unha reunión na Subdelegacion do goberno á que a principios de decembro xa lle comunicaran que a concentración dos tractores na Ronda ía ser de xeito indefinido e ata conseguir o obxectivo da protesta: a suba dos prezos do leite en orixe.

A partir deste xoves concentraranse diante do edificio da Xunta ás 12:00 horas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido, á saída da reunión tivo lugar unha asemblea con representantes de Agromuralla por concellos na que se someteu a votación se se reubicaban os tractores concentrados en torno á Ronda da Muralla. E o resultado foi que “por maioría absoluta decidiuse manter os tractores na disposición en que se encontran”, segundo asegura Agromuralla a través dun comunicado.

Agromuralla tamén decidiu que a partir deste xoves farán concentracións diante do edificio da Xunta ás 12.00h tódolos días

Os comerciantes dan de prazo ata este venres para que os gandeiros retiren os tractores da Ronda da Muralla

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A decisión prodúcese malia as presións da Federación de Comercio de Lugo. O seu presidente, José María Seijas, deulle este luns ao colectivo Agromuralla un prazo de 48 horas -que expirará este venres- para que cambien os tractores de ubicación ante o que consideran “graves prexuízos”, en forma de atrancos de tráfico e descenso das vendas, que lles está a ocasionar a protesta aos comercios do centro da cidade de Lugo.

Dende a Federación de Comercio lembran que “apoiamos en todo aos gandeiros, pero neste momento están prexudicando moito ao comercio local, sobre todo aos negocios do centro”, polo que piden aos gandeiros que cambien o emprazamento dos tractores cada outras partes da cidade.

Neste sentido, o presidente da Federación de Comercio de Lugo asegurou que se non hai cambio de ubicación o venres, “ falaremos co subdelegado do Goberno ou con quen sexa responsable disto”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pola súa parte, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pediulle tamén aos gandeiros que amosen “empatía” cara o comercio local.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada