Leite

Agromuralla convoca unha manifestación este luns en Lugo

Os gandeiros chaman á cidadanía a solidarizarse coa protesta, que sairá ás 12 horas da Ronda da Muralla e visitará distintos edificios administrativos da cidade

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/12/2015 11:40 p.m.

Os gandeiros da tractorada de Lugo, que están a realizar diversos actos na cidade desde o pasado xoves, convocaron unha manifestación a pé para este luns a partir das 12 horas do mediodía. A protesta sairá da Ronda da Muralla, nas proximidades da porta de San Fernando, e percorrerá diversos edificios administrativos da cidade.

Coa serie de actos de protesta que están a facer en Lugo, os gandeiros, convocados por Agromuralla, queren chamar a atención sobre a continuidade da crise láctea, para a que non se albiscan solucións a curto prazo. En setembro pasado asinouse un acordo en Madrid entre cadeas de distribución, industria e parte dos produtores, pero as melloras aínda non chegaron a pé de campo.

De xeito paralelo ás protestas lucenses, a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo está a protagonizar un bloqueo das cadeas de distribución Carrefour e Alcampo na Coruña.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada