Leite

Agromuralla anuncia a continuidade da súa tractorada

Representantes da asociación mantiveron unha reunión en Santiago coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez. Para hoxe convocaron unha concentración ante o Carrefour de Lugo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/12/2015 9:54 a.m.

A asociación Agromuralla acordou a continuidade da tractorada de Lugo e das mobilizacións ante as cadeas da distribución. Na asemblea do martes á noite, Agromuralla deu conta da reunión mantida en Santiago coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, un encontro ó que Agromuralla aspiraba que asistisen representantes da industria e da distribución, pero que se quedou nun cara a cara coa conselleira, ó declinar asistir distribución e industrias.

Na reunión, os gandeiros recibiron unha explicación de Medio Rural sobre as medidas que está a adoptar pola crise do sector lácteo. A Consellería trasladoulles a inminente publicación do decreto ministerial que permitirá coñecer os prezos de cesión entre industria e distribución, así como a próxima entrada en vigor do contrato lácteo homologado para a compra venda de leite, dúas cuestións nas que a Consellería asegura que mediou ante o Ministerio para tratar de axilizalas.

Entre os gandeiros, hai voces que cuestionan as protestas de Agromuralla ante o Carrefour, a cadea que máis cedeu nas negociacións

Loading ad.
Ad could not be loaded.


Accións na distribución

En canto ós acordos ós que se está chegando coa distribución por parte da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, a asociación considera insuficientes os acordos. Agromuralla cuestiona que só se suban os prezos das marcas brancas –as de menor prezo no supermercado-, non do resto, e pronostica que os prezos ó gandeiro subiranlle en menos dun céntimo. Sostén ademais que os acordos coa distribución son acordos de "boa vontade". A asociación decidiu a continuidade da tractorada de Lugo e das mobilizacións ante a distribución.

Para hoxe está prevista unha concentración ás 12 horas ante o Carrefour, unha cadea que, a parte de subir os pagos do leite de marca branca en 2 céntimos, comprometeu coa Plataforma, e a través dun comunicado, a creación dunha marca que se venderá no entorno dos 64 céntimos no supermercado e que permitirá remunerarlle ó gandeiro a un mínimo de 33,8 céntimos.

A cadea comprometeuse ademais a entregar documentación notarial de xeito mensual sobre os pagos que lle fai as súas industrias proveedoras de marca branca. Entre os gandeiros xa hai voces que amosaron a súa disconformidade coa decisión de Agromuralla de continuar as accións contra Carrefour.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada