Leite

Agricultura merca leite para os bancos de alimentos a 40 céntimos

Unións Agrarias empraza ó Ministerio a non adquirir leite por baixo dos custes de produción

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/09/2020 7:59 p.m.

O Ministerio de Agricultura vén de adxudicarlle a Lactogal (Leche Celta) a adquisición de 35 millóns de litros de leite con destino ós bancos de alimentos. A compra formalizarase a un prezo de 40 céntimos / litro, un prezo que suscitou a indignación de Unións Agrarias, que advirte de que ese prezo sitúase claramente por baixo dos custes de produción.

A organización agraria empraza ó Ministerio a modificar as bases das poxas para adquisición de leite, de xeito que se rexeiten de xeito automático tódalas ofertas que estean por baixo dos custes de produción.

“Se desde as administracións non aplican con rigor a propias normas que eles mesmo ditan, pouco se pode esixir logo a aquelas empresas que venden a perdas e presionan á baixa os prezos en orixe”, cuestiona Unións Agrarias.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A organización fai un chamamento para que na próxima poxa, Agricultura rexeite as ofertas que estean por baixo de custes e tamén propón que se teñan en conta outros factores, como a proximidade e cuestións ambientais. “Non destacartamos que de repetirse o esperpento desta convocatoria, teñamos que denunciar o caso na AICA (Axencia de información e control alimentario) para que sexa sancionado o propio Ministerio", conclúen.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada