Leite

Agricultura avanza na ferramenta informática que permitirá calcular as emisións de cada granxa

O sistema Ecogan indicará as emisións de gases tendo en conta as técnicas e procedementos empregados en cada explotación. Notificaráselle tamén ó gandeiro as mellores técnicas dispoñibles para reducir o seu impacto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/05/2021 5:59 p.m.

Os compromisos adoptados con Europa para reducir a emisión de gases contaminantes, como o amoniaco, ou de efecto invernadoiro, como o metano, obrigarán ó agro a facer un seguemento das súas emisións. O Ministerio de Agricultura está a traballar nunha norma que regulará a implantación do sistema informático Ecogan, que servirá para calcular as emisións de cada granxa a partir de datos sobre o manexo que fai do gando e do xurro.

A aplicación Ecogan notificaralle a cada granxa as súas emisións, así como as mellores técnicas dispoñibles en cada caso para reducir a produción de gases. O programa facilitará a comunicación entre gandeiros e autoridades, así como entre as comunidades autónomas e a Administración xeral do Estado.

Para abordar a normativa que regulará a posta en marcha de Ecogan, o Ministerio de Agricultura e o de Transición Ecolóxica veñen de celebrar unha xornada telemática na que participaron arredor de 150 profesionais. Coa información recopilada na xornada, o Goberno ultimará a posta en marcha da nova normativa, así como a progresiva implantación do sistema informático.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O encontro serviu tamén para difundir os documentos zootécnicos a partir dos que se calculará o balance alimentario de nitróxeno e fósforo das distintas especies gandeiras. Os documentos, elaborados polo Ministerio con destacados investigadores, eran necesarios para o desenvolvemento do sistema informático Ecogan.

A posta en marcha da aplicación informática para calcular emisións beneficiarase do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, segundo indica o Ministerio, que precisa que o obxectivo é avanzar na transición ecolóxica e dixital do agro, ó tempo que se mellora a súa competitividade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada