Agricultura

Agricultores da Limia visitan Alemaña para coñecer os últimos avances en cultivo de pataca

Loading ad.
Ad could not be loaded.
21/09/2018 2:22 p.m.

Un grupo de 14 profesionais do sector agrícola, membros de Adegal (Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia) participaron a pasada semana nunha viaxe profesional a Alemaña para coñecer as novidades do sector e participar na feira internacional Potate Europe 2018.

Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto de formación da asociación e o plan de viaxe consistiu en visitas organizadas durante tres días. O día 12 tivo lugar a Feira internacional Potato Europe 2018, na cidade de Springe, Alemaña. Sendo esta unha gran oportunidade para coñecer en profundidade os novos desenvolvementos do sector profesional da pataca, desde novidades en sementes, innovación en maquinaria, abonado, fertilización, técnicas de almacenaxe e conservación, así como de novos produtos en xeral relacionadas co cultivo da pataca.

O día 13 celebrouse unha recepción e visita guiada a KWS , empresa líder en mellora xenética vexetal, enfocada no desenvolvemento e distribución de sementes en máis de 70 países en todo o mundo, ofrecendo sementes específicas para cada sistema de cultivo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ao día seguinte, a visita foi a concesionarios de maquinaria e a explotacións agrícolas alemás, que permitiron o acceso aos agricultores da Limia, achegando a súa experiencia no procesado, almacenamento e comercialización de pataca, cereais e outros cultivos alternativos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada