Agricultura

A AGACAL participa nunha investigación para mellorar o cultivo do lúpulo en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/09/2018 9:02 p.m.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, participou este venres na presentación do Grupo Operativo Supra-autonómico que investigará innovacións no cultivo de lúpulo para mellorar a rendibilidade das explotacións agrícolas. Este acto tivo lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), que depende da Consellería do Medio Rural.

Neste grupo participa a Agacal xunto a outros socios públicos e privados de Galicia, Castela e León e País Vasco e tamén é colaboradora a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (Grupo de Desenvolvemento Rural 23 – Reserva Biosfera), xunto coa Asociación de Cerveceros de España.

Os obxectivos deste grupo operativo pasan en primeiro lugar pola mellora da competitividade das explotacións de lúpulo mediante a optimización da xestión do rego, o mantemento do solo e o control de enfermidades, co fin de garantir a súa sustentabilidade económica e medioambiental.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os investigadores realizarán tamén o ensaio de variedades, coa introdución de aquelas que se adapten mellor á contorna das zonas de cultivo e avaliarán a resposta a diferentes produtos fitosanitarios para o control de pragas. Ademais, poranse en valor outros produtos derivados do cultivo do lúpulo e a reutilización dos residuos.

Ensaios do CIAM

A creación deste grupo de traballo xurdiu a raíz dos ensaios e as charlas de difusión de resultados realizados polo CIAM, que propiciaron no ano 2009 a constitución da cooperativa Lutega (Lúpulo Tecnoloxía de Galicia, Sociedade Cooperativa Galega), que xestiona unha superficie de 8 hectáreas deste cultivo. Desde esta cooperativa promoveuse a posta en marcha deste grupo operativo tendo en conta, ademais, que existe unha gran demanda no sector cervexeiro por obter lúpulos diferenciados.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Xa antes, no 2004, a petición da Corporación Hijos de Rivera (Estrella Galicia), o CIAM retomou os ensaios de cultivo de lúpulo poñendo en marcha unha parcela experimental na que se estuda o comportamento e aclimatación de dez variedades de lúpulo, amargas e aromáticas.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada