As persoas interesadas en participar poden matricularse en www.agaca.coop e informarse no teléfono 981 58 47 83
A formación para o alumnado comeza cun curso teórico (20 horas, a través de Zoom) e continúa con prácticas presenciais nunha cooperativa agroalimentaria durante 6 meses (a razón de 25 horas semanais), onde experimentará in situ a labor xerencial dunha cooperativa no seu conxunto.
As persoas interesadas en tomar parte no programa formativo e as cooperativas interesadas en recibir alumnado en prácticas poden descargar a documentación necesaria en www.agaca.coop e informarse no teléfono 981 58 47 83.
O proceso de selección tanto de alumnado como de cooperativas receptoras producirase entre xaneiro e febreiro de 2022
A iniciativa forma parte do proxecto Formación para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), que inclúe outros programas formativos, un orientado á incorporación ao sector hortícola e outro de incorporación á produción de vacún leiteiro.
Conta co cofinanciamentodo Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.