Axenda

AGACA organiza unha xornada sobre “Liñas de Axudas e Apoios Públicos” para o sector agrario

20/01/2016 9:59 a.m.

Os diferentes Fondos Operativos de apoios da Unión Europea aos sectores produtivos achegan no período orzamentario do 2016 axudas relacionadas tanto con sectores produtivos concretos coma con fomento e creación de emprego, innovación, comercialización ou investimentos.

Para afondar nas distintas liñas de axudas que poden resultar de interese para agricultores e gandeiros, AGACA, en colaboración con CaixaBank, organiza o xoves, día 28 de xaneiro, a Xornada “Liñas de Axudas e Apoios Públicos”, no Hotel Eurostars – San Lázaro de Santiago de Compostela (Avda. Fernando Casas Novoa, s/n).

Dirixida principalmente a xerentes e persoas socias de cooperativas, a Xornada contará con relatorios de expertos de diferentes institucións:

- Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2014 – 2020.- José Manuel Janeiro (jefe de Servicio de Industrialización y Comercialización de la Consellería de Medio Rural).

- Liñas de apoio financeiro do IGAPE e Programas de Internacionalización do IGAPE.- Un representante del IGAPE presentará seis liñas de axudas da entidade.

- Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020.— Nicasio Mejuto (Subdirección General de Explotaciones Agrarias).

- Liñas de Axudas de Aforro Enerxético do INEGA .— José Ángel Abad (jefe de Área de Ahorro y Eficiencia Energético del INEGA).

- Incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil .—Jorge Barros (Subdirección General de Empleo).

- Programas de axudas da Subdirección Xeral de Economía Social .— Alba Paz (Subdirección General de Economía Social).

A Xornada comezará ás 9:15 horas e finalizará ás 14:30 horas, cun xantar.

As persoas con interese en asistir, poden inscribirse a través do correo electrónico berta.agaca@gmail.com, chamando ao teléfono 981 58 49 11 ou ben completando este formulario

Descarga aquí o programa completo

Etiquetado
Ir a la portada