AGACA imparte na cooperativa Agris un curso de incorporación á empresa agraria

11/02/2015 11:59 p.m.

Profesores especializados de AGACA impartirán o curso “Incorporación á empresa agraria. Vacún de leite” na cooperativa lucense Agris co fin de formar aos seus 700 socios nos pormenores da creación dunha empresa agraria adicada ao vacún de leite, de xeito que poidan acceder máis fácilmente ao sector, así como coñecer as axudas que ofrece a Xunta.

O curso está homologado pola Consellería do Medio Rural e do Mar e impartirase do 2 de febreiro e o 22 de abril, na sede da cooperativa en Friol. O financiamento provén da Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.

Entre os contidos que se impartirán, atópanse cuestións tanto administrativas, como poden ser a xestión técnico-económica, as relacións laborais ou a previsión de riscos laborais, pero tamén aspectos relacionados co asociacionismo, a comercialización e a trazabilidade, xunto con formación sobre sensibilización ambiental, agrotecnoloxía, produción de forraxes e alimentación do gando vacún, así como produción de leite e manexo do gando.

A oferta formativa de AGACA continúa con outros cursos sobre Incorporación á Empresa Agraria, Benestar Animal, Novas Tecnoloxías e Enerxías Renovables.

O curso impartirase do 2

Calquera persoa interesada en realizar algunha das actividades pode informarse ou ben a través da súa cooperativa ou ben contactando directamente co Departamento de Formación de AGACA, no teléfono 981 584783.

Etiquetado
Ir a la portada