Leite

As Africores de Galicia acordan ampliar ata 20 os controis por lactación

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/12/2016 11:37 a.m.

As Africores de Galicia decidiron na súa última reunión mensual incrementar o número de controis por lactación dos 18 actuais a 20 para axustarse á nova realidade de alongamento do período en leite, un logro que é posible grazas á mellora xenética.

Así, dende Africor Lugo salientan que “cada ano increméntase a porcentaxe de vacas que teñen unha lactación por riba dos 305 días, un 63,6% das vacas que se controlan na provincia de Lugo, cun aumento do 6,4% nos últimos dez anos”. Unha tendencia que “é similar en todas as provincias galegas”, segundo informan dende Africor Coruña.

“Un 63,6% das vacas de Lugo superan os 305 días en lactación”

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con este incremento dos controis a 20 será posible ampliar a información de vacas con lactacións moi prolongadas, incluíndo un cálculo máis preciso da produción vitalícea, que antes se cortaba no control 18.

A ampliación de controis foi posible grazas á colaboración da Consellería do Medio Rural, que incrementou o seu orzamento adicado ao pago de mostras de Control leiteiro. “Calcúlase que unhas 2.450 vacas por ano superan o límite dos 18 controis”, salientan dende Africor Lugo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada