Carne

Adxudicadas 5 xovencas de Acruga en 1.800 euros animal

Os animais da poxa de Pedrafita vendéronse ó prezo de saída. Leváronos dous gandeiros do Cebreiro e outros dous de Becerreá

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/04/2017 11:29 a.m.

Gandeiros da montaña lucense, en concreto dos concellos de Pedrafita e de Becerreá, leváronse as 5 xovencas da poxa organizada por Acruga (Asociación de Criadores de Rubia Galega) no mercado gandeiro de Pedrafita. O acto contou cunha asistencia importante, pero non houbo altas cotizacións nin poxas disputadas. De feito, os 5 animais adxudicáronse no prezo de saída, 1.800 euros, sen que houbese ofertas por riba do prezo inicial.

Un gandeiro de Pedrafita fíxose con dúas das cinco reses, en tanto os restantes animais foron adquiridos por dous gandeiros de Becerreá e por outro de Pedrafita. As explotacións que se fixeron coas xovencas contaron cunha axuda para a súa compra de 200 euros por exemplar, aportada por Caixa Rural Galega.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada