Leite

Advirten de que o posible peche da planta láctea de Outeiro de Rei compromete a ducias de gandeiros

A organización Asaga pídelle ás administracións públicas unha solución para evitar os prexuízos ás granxas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 14/01/2022 12:11 p.m.

Tegestacín, a empresa propietaria da planta láctea localizada no concello de Outeiro de Rei, está a reducir a súa actividade, cun posible peche no horizonte ao longo deste ano. A Asociación Agraria de Galicia (Asaga) emitiu unha nota de prensa para trasladar a súa preocupación pola difícil situación na que quedarían ducias de gandeiros que lle venden leite á compañía.

Aínda que a maior parte deles seguen con contratos en vigor, se o peche se confirma, terían moi difícil, ante a actual situación de mercado, conseguir un comprador que lles ofrecese un prezo xusto polo leite. Ademais, tería que aparecer inmediatamente, porque a produción dos animais non se pode parar.

Asaga pide ás administracións públicas que intenten atopar unha solución para reducir o impacto que o peche pode ter sobre as persoas prexudicadas. A asociación fai fincapé en que deberían ter comezado as xestións para buscar un posible comprador para esta planta de produción láctea, así como solucións para as granxas proveedoras da mesma.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada