Viña

Advirten da necesidade de aplicar tratamentos contra o mildeu con vento en calma

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro recomenda tamén tratar o oídio da viña en horas nas que non vaia moita calor para evitar queimaduras nas vides

Loading ad.
Ad could not be loaded.
06/06/2015 10:15 a.m.

Reproducimos a continuación o último aviso da Estación Fitopatolóxica do Areeiro:

A pesar da ausencia de precipitación rexistráronse condicións favorables á mera debido ás temperaturas nocturnas dalgunhas xornadas, ás horas de humidade foliar e mesmo á humidade relativa consecuencia de néboas locais.

As temperaturas nocturnas, sobre todo das últimas noites, estiveron en torno a 14-15º C segundo as estacións meteorolóxicas; a humidade foliar alcanzou valores normais de 8-9 horas ou mesmo máis, e a humidade relativa media máis frecuente superou o 77%, aínda que en puntos se chegou ao 90%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con estes datos, a situación máis habitual nos viñedos é que se observen novas manchas ou esporulación noutras antigas. En todas as parcelas que visitamos e que presentan síntomas como os descritos, estes se restrinxen á metade inferior dos brotes, salvo nas parcelas testemuña, onde tamén se observan nas follas máis tenras.

As diferentes previsións meteorolóxicas anuncian, a día de hoxe venres 5, escasa probabilidade de precipitacións e ventos do norte ou nordés, co que a humidade non debería ser elevada nos próximos días se se cumpre o prognóstico.

Non obstante, debido á presenza de esporanxios vitais e a que as temperaturas mínimas que se anuncian superarán os 13º C, débense renovar as aplicacións naqueles terreos onde se observen síntomas activos. Nas demais será suficiente con vixiar a evolución da enfermidade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O último tratamento de moitos viñedos foi aplicado baixo condicións de ventos bastante fortes, o que sen dúbida contribuíu a que as funxicidas non fosen eficaces. Polo tanto, procuren intervir en períodos de calma para que o tratamento quede nas plantas.

Algunhas plantas xa presentan un desenvolvemento importante da vexetación. Debido a que a floración se superou xa na maior parte dos viñedos, poden ir eliminando os brotes de desenvolvemento excesivo.

Oidío: importancia de non aplicar xofre en horas de calor

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nesta semana vimos os primeiros síntomas do fungo en albariño, unicamente sobre unha folla e nunha planta da bisbarra do Condado. Debido a que a partir de agora adoita haber condicións favorables ao patóxeno de forma recorrente, en caso se renovar o tratamento antimera é aconsellable engadir xa unha funxicida antiodio.

Atención! Non esquezan que o xofre é fitotóxico a temperaturas moi elevadas, que están previstas para algúns dos próximos días.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada