Carne

“A Administración castiga o pastoreo, cando somos nós quen mantemos o territorio”

Marta Rodríguez, gandeira de ovino e cabrún de Ferreira de Pantón (Lugo), critica as trabas que experimenta a gandería extensiva polos lumes. Compareceu no Parlamento na comisión de estudo dos incendios forestais como vogal da xunta directiva de Ovica

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/04/2018 7:26 p.m.

O manexo do gando no monte está a experimentar unha cadea de trabas nos últimos anos. Primeiro foron as restriccións ós pastos arbustivos nas axudas da PAC e a última vaga de lumes fixo patente outro problema endémico, as penalizacións que sofren as ganderías en extensivo polos pastos queimados.

Marta Rodríguez Losada, gandeira de ovino e cabrún de Ferreira de Pantón (Lugo), abordou estas cuestións na comisión de lumes do Parlamento, na que compareceu como vogal da xunta directiva de Ovica, a asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia. “Nunca fan caso das nosas demandas, pero hai que seguir petando. Eu son teimuda como un can”, declara.

- Comecemos falando da túa explotación en concreto. Que rabaño xestionas?
- No meu caso, cada día saco a pastorear 150 ovellas e 70 cabras polas terras de pasto permanente, pasto arbustivo e pasto sobre arboredo que teño en propiedade ou me foron cedendo co paso do tempo. De pastizais teño 33 hectáreas, o pasto arbustivo non o conto porque nos últimos anos non nolo computaban para as axudas da PAC, aínda que hai que dicir que son as terras mellores para as cabras, son as que prefiren.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Como vos afectaron os lumes deste ano?
No noso concello, Ferreira de Pantón, houbo uns 55 lumes, algún dos cales afectou a pastizais nosos. Con todo, o principal problema é que temos que cruzar zonas queimadas para levar ó rabaño a pastos de lonxe. As dúas marxes do camiño están queimadas e como é entendible, as ovellas non van en fila india.

Soliciteille permiso á Consellería de Medio Rural para poder pasar por camiño público con afectación de terras queimadas particulares a ambas marxes e, seguindo escrupulosamente a Lei de Prevención de Incendios, a Consellería contestoume, textualmente:

“Aínda que o paso con animais por camiños públicos nos terreos queimados non é obxecto na prohibición establecida, dito paso require a debida dilixencia do responsable dos animais para que estes non paren a pastorear nos terreos forestais afectados polo incendio, xa que de detectarse que isto sucede, estaría incurrindo nunha infracción administrativa”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_63133" align="alignright" width="320"] Camiño coas marxes queimadas polo que pasa o rabaño de Marta.[/caption]

Finalmente, puidemos resolver esta situación e agora semella que non nos van poñer problemas para levar os animais por ese camiño.

- En canto ós pastos queimados na vaga de lumes, a Consellería anunciara que, de xeito excepcional, ía permitir computalos na PAC, así coma o pastoreo neles. Está solucionado este tema?
- A realidade é que na orde de axudas da PAC non se marca ningún tipo de excepcionalidade para que os gandeiros poidamos facer uso do pasto que precisamos para alimentar os animais. En teoría, por tanto, non se poden empregar nos dous anos seguintes á data do lume nin declaralos na PAC, polo que nos sentimos dobremente damnificados.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"A conselleira dixo que ía permitir pastoreo en terreo queimado e a súa declaración para a PAC, pero os seus técnicos seguen dicindo o contrario"

Se declaramos esa superficie queimada estaremos incurrindo nunha sanción administrativa, pero se seguimos as directrices que marca a Lei, perderemos os nosos dereitos de pago base por non declarar esa superficie durante dous anos seguidos.

Non entendemos como en Asturias, que sufriu unha situación similar, o Principado si aplicou un levantamento de acotamento do pastoreo por lumes. En Galicia, a conselleira dixo nos medios de comunicación que si podiamos pastorear e declarar esa superficie na PAC, pero a información que lle transmitiu á Consellería ó noso equipo técnico é a contraria. Nos cursos de formación para a PAC, subliñáronlles claramente que non podemos declarar esas parcelas, polo que non entendemos por que a administración non remata por lexislar e regularizar esta situación, e máis tendo en conta que xa transcurriron seis meses da vaga de lumes do outuno.

A lexislación vixente penaliza e criminaliza ás ganderías que pastoreamos, cando somos nós precisamentes quen mantemos o territorio e a paisaxe.

- Este inverno compareciches como directiva de Ovica na comisión de estudo dos lumes do Parlamento. Que papel cres que pode xogar a gandería ante os lumes?
- A chave do problema dos lumes pasa pola xente, por manter a actividade agrícola e gandeira. Hai que evitar como sexa o abandono do rural porque cada persoa que cesa no agro é un aumento de riscos. Quizais a superficie e paisaxe que xestionaba esa persoa non volva ser produtiva. Desde Ovica constatamos unha constante perda de superficie agraria útil e unha invasión de especies forestais en terreos agrarios, sen que a Administración faga cumprir a lei.

"Sempre me gustou o campo e, sobre todo, os animais. As ovellas e as cabras son animais moi cariñosos, é unha compaña que valoro"

- Levas xa case dúas décadas en Ovica, desde que te iniciaches no sector coa túa explotación, no ano 2000. Cóntanos como foron os teus inicios no agro.
- Sempre me gustou o campo e sobre todo, sempre me gustaron os animais, é unha compaña que valoro moito. As ovellas e cabras son animais cariñosos e teño cabras que atenden como se fosen un can. Do inicio da nosa explotación, hai que dicir que foi unha casualidade. Cando volvemos da emigración en Suíza, regaláronnos unha aña, coa idea de que a mataramos para comer, pero a nosa filla encariñouse con ela e non quixo, así que ao final mercamos outra aña para que lle fixese compaña á primeira e ao pouco, ofrecéronnos un pequeno rabaño de 10 ovellas e unha cabra dunha persoa que xa non podía atendelas.

Non tiñamos nin idea de gandería, pero grazas ós cursos de formación e ó apoio de Ovica, que nos asesorou desde o comezo, creamos un proxecto viable e exitoso no tempo.

[caption id="attachment_63130" align="alignright" width="320"] Mastíns que protexen o rabaño do lobo.[/caption]

- En canto a terras, comentábasnos que xestionas 33 hectáreas de pastos. Como vos fostes facendo con esa superficie?
- Mercamos unha propiedade e pouco a pouco incorporamos terras á granxa, case sempre en réxime de cesión por troco ou aluguer verbal, como na gran maioría dos casos de incorporacións á gandería extensiva no noso sector.

- Estades nunha zona con problemas de ataques polo lobo. Que manexo facedes para tratar de reducir o problema?
- Ultimamente houbo ataques de lobo preto e nós tamén os temos sufrido, así que hai que ter tino. Saímos á mañá co rabaño, que sempre vai acompañado de mastíns, e recollémolo ó mediodía a unha finca próxima á casa. Sempre imos cos animais.

- Como valoras o apoio da Administración ó sector ovino e cabrún?
- A maioría de ganderías están cansas das dificultades burocráticas e da falta de apoio da Administración. Sempre se nos tivo polos parentes pobres da gandería. Chamoume a atención unha campaña de promoción do consumo de carnes galegas que fixo o ano pasado a Consellería porque cando mirei o cartel, aparecían tódolos sectores, vacas, coellos, pitas... pero non aparecían nin ovellas nin cabras. En xeral, préstanlle pouca atención as nosas demandas, aínda que hai que seguir petando. Eu son teimuda coma un can e é o xeito de que che fagan caso.

[box style="0"]

[caption id="attachment_63127" align="aligncenter" width="660"] Comparecencia de Marta Rodríguez, de Ovica, na comisión de estudo dos lumes do Parlamento.[/caption]

Propostas de Ovica para a prevención de lumes: o fomento da diversificación produtiva do monte

A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia, Ovica, incide nas posibilidades que ofrecen ovellas e cabras para o control do mato no monte, unha función que considera clave para a prevención de incendios forestais.

A potencialidade do sector ovino na comunidade é grande, se se teñen en conta os datos do pasado. A comezos do século XX, en Galicia había máis de 2 millóns de ovellas e cabras que vivían exclusivamente do pasto e do ramalleo do mato. Na actualidade quedan 229.000 cabezas de gando ovino e cabrún repartidas entre 21.709 explotacións gandeiras, das cales únicamente 76 ganderías teñen máis de 250 animais.

Desde Ovica cuestiónase que en lugar de fomentar as ganderías de ovino e caprino, a Administración estea a aplicar medidas que as penalizan. O colectivo marca unha serie de prioridades para o desenvolvemento do sector en Galicia.

[/box]

Máis información
- Informe de conclusións e aportacións de OVICA na Comisión Parlamentaria de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do plan forestal de Galicia.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada