Agricultura

Adeus a sacar o carné de fitosanitarios por internet en Castela e León

Castela e León suprime os cursos de fitosanitarios online e inicia un expediente de revogación da autorización para impartir estes cursos a Rabcor SL, a empresa á que acudiron centos de galegos para sacar o carné de fitosanitarios online

Loading ad.
Ad could not be loaded.
D.G. 29/04/2016 9:45 a.m.

A Consejería de Agricultura de Castela e León suprime, segundo aparece hoxe publicado no Boletín Oficial da comunidade, os cursos online para sacar os carnés de fitosanitarios e iniciou un expediente para revogarlle a autorización para impartilos a Rabcor SL, a empresa á que acudiron e acoden centos de cidadáns galegos para sacarse o devandito permiso.

Estas son as primeiras medidas que tomou a comunidade veciña tras a investigación aberta polo Seprona e o servizo territorial de Agricultura ante unha posible fraude nos cursos de fitosanitarios vía internet non presenciais.

Así consta no escrito, ao que tivo acceso Campo Galego, que remitiu este martes a Dirección Geneeral de Produción Agropecuaria e Infraestructuras Agrarias, que dirixe Jorge Llorente, ao sindicato agrario Asaja, que presentou a denuncia contra Rabcor SL.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os feitos denunciados ante o Seprona son que a empresa manipulaba o acceso do seu alumnado ás horas de clase teórica e á temática que tiñan asignada, de forma que os alumnos só facían as horas presenciais. A realidade, sempre segundo as fontes da investigación, é que o acceso que tiñan que rexistrar os alumnos para cubrir esas horas de teórica realizábase desde as propias empresas. Así o demostran ao parecer os datos das IP que obran xa en mans do Seprona.

Xunto a Rabcor tamén está a ser investigada polo servizo da Garda Civil a empresa Sanea, que ten autorización para impartir cursos de fitosanitarios online na comunidade de Asturias.

Supresión dos cursos online en Castela e León e retirada da autorización a Rabcor SL

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A comunicación oficial da Consejería de Agricultura de Castela e León á que tivo acceso Campo Galego informa de que “de forma inminente vaise proceder á modificación da Orde AYG/946/2013, do 12 de novembro, pola que se designan as entidades de formación a usuarios profesionais e vendedores de produtos fitosanitarios (....). Esta modificación contempla a eliminación do sistema de formación non presencial vía internet, garantindo así unha capacitación de maior calidade aos participantes nos cursos”, unha decisión que xa se fixo efectiva 

Ademais, o director xeral de Agropecuaria e Infraestruturas Agrarias comunica que “motivado polas inspeccións realizadas polo persoal técnico adscrito ao Servizo Territorial de Agricultura e Gandería de León ao cal prestou a súa colaboración os axentes do SEPRONA, iniciouse un expediente de revogación da autorización á entidade Rabcor 2014 SL, o cal se atopa actualmente en proceso de trámite administrativo”.

Rabcor nega as acusacións

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pola súa banda, Javier de Rábano, director de Rabcor SL, nega as acusacións e atribúeas “ao empeño de ASAJA de acabar connosco para sacarnos da formación online como doutra formación e ocupar eles ese mercado”.

O representante da empresa, que cobraba uns 100 euros aos alumnos por sacar o carné básico de aplicador de produtos fitosanitarios, e 150 euros no caso do cualificado, pide desculpas polos prexuízos que puidese ocasionar esta situación a alumnos e comerciantes dos cursos.

“A Xunta acumula centos de expedientes de Rabcor SL desde hai meses”

“É lóxico que a xente desconfíe de nós por todo o que están a ler, e se con algo quedo é que desbloqueamos o acceso aos cursos de formación, que a Xunta de Galicia tería que convocar hai un ano”, engade.

O problema pasa agora á Consellería do Medio Rural que acumula centos de expedientes de cursos realizados por alumnos galegos en Rabcor S, paralizados desde hai meses á espera de que conclúa a investigación do Seprona e da Consellería de Agricultura de Castela e León. Campo Galego solicitou información á Xunta sobre os pasos para tomar a partir de agora en relación a este caso, sen que ata o momento recibísemos resposta.

Resposta da Consellería de Agricultura de Castela e León:

[box style="0"]

Máis información:

-Relación de cursos presenciais e gratuítos ofertados pola Xunta de Galicia para os carnés de fitosanitarios.

[/box]

 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada