Viña

Adegas galegas fórmanse en enoloxía nunha xornada acreditada pola Wine & Spirit Education Trust

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/11/2022 11:24 a.m.

Un total de 25 representantes de adegas amparadas baixo os diferentes selos de calidade dos consellos reguladores de viños e augardentes galegos participaron hoxe no balneario de Laias, en Cenlle (Ourense), nunha xornada formativa en enoloxía homologada pola Wine & Spirit Education Trust (WSET).

Esta acción foi impulsada dende a Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.XX Augardentes e Licores de Galicia (Acruaga), con respaldo da Xunta de Galicia, a través do Igape, e impartida por Jorge Vila, director da Galicia Wine Academy.

A iniciativa enmárcase nas accións de formación para o apoio á internacionalización do sector, que Acruaga impulsa co apoio do Igape. Unha das principais actividades formativas promovidas pola Asociación, no último ano, foi un programa orientado a directivos de empresas vitivinícolas e impartido por docentes da Galician Business School.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste 2022, as accións formativas de Acruaga culminan coa organización do curso celebrado hoxe, que se corresponde cun nivel 1 da WSET (cualificación de nivel 1 en viños WSET).

“Trátase dun curso de introdución para explorar os principais estilos de viño de forma práctica, desenvolvendo as habilidades sensoriais para describilos e elaborar maridaxes”, destaca Juan Gil de Araujo, presidente de Acruaga.

Aposta pola formación continua

Promover a excelencia, a internacionalización e a formación continua son parte dos obxectivos da asociación que aglutina aos cinco consellos reguladores de viños galegos e ao de augardentes. Neste sentido, o presidente de Acruaga abonda que a acción formativa desenvolvida ao longo do día de hoxe “dá reposta a unha forte demanda interna, por parte das adegas, de realizar en Galicia un curso homologado por WSET”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

WSET (Wine & Spirit Education Trust) é unha organización con sé en Londres e estendida por todo o mundo que conseguiu converterse en referencia mundial na formación do viño. Os seus cursos caracterízanse por estar orientados a un enfoque internacional de viño.

Sobre Acruaga

Creada a principios de 2021, a Asociación de Consellos Reguladores do Viño, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga) naceu para dar cobertura a un convenio de colaboración asinado entre seis consellos reguladores da comunidade autónoma e o Igape, co obxectivo principal de impulsar a promoción conxunta no estranxeiro e favorecer a internacionalizacións dos viños, destilados, licores e augardentes galegos.

Neste sentido, Acruaga promoveu ao longo de 2022 a presenza conxunta dos viños e augardentes galegos nas relevantes feiras internacionais de Vinexpo (París) e London Wine Fair (Londres). Proximamente, ademais, impulsará unha acción promocional común na capital de Holanda.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Forman parte de Acruaga os consellos reguladores de Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, ademais dos II.XX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada