Viña

A adega castelá Pago de Carraovejas compra Adega Emilio Rojo e Viña Mein, dous emblemas do Ribeiro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10/06/2019 9:08 p.m.

A adega castelá Pago de Carraovejas, con sede en Peñafiel, na DO Ribera del Duero, está en proceso de compra de dúas das adegas máis emblemáticas da Denominación de Orixe Ribeiro, a de Emilio Rojo e Viña Mein.

Pago de Carraovejas factura máis de 20 millóns de euros, elabora preto de 1 millón de botellas, e esta será a súa primeira compra en Galicia. En Ribera del Duero conta cunha viña de 200 hectáreas, da que cada ano saen unhas 800.000 botellas de Cuesta de las Liebres, o Anejón e, por suposto, Pago de Carraovejas. E en 2016 a adega adquiriu a totalidade do accionariado de Adega Ossian Vides y Vinos, cun viñedo de 118 hectáreas situado no termo segoviano de Nieva, da que elabora cada anos unhas 200.000 botellas de viños brancos verdejos como Capitel, Ossian, Quintaluna, Verdling Dulce e Verdling Trocken.

Segundo informa o xornal El Norte de Castilla, a compra da adega de Emilio Rojo está pechada mentres que na de Viña Mein aínda quedan aspectos por pechar.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Emilio Rojo é o propietario da adega desde 1987 e o que imprime a personalidade ao viño, un dos primeiros en elaborar viños premium en Galicia. A adega está no municipio de Arnoia (Ourense) e o seu viñedo está formado por 0,5 hectáreas repartidas en catro parcelas situadas no val e por outra hectárea situada nunha ladeira. Cultiva as variedades autóctonas galegas treixadura (50%), lado (20%), loureira (10%), albariño (10%) e torrontés (10%), coas que elabora preto de 6.000 botellas.

Pedro Ruiz Aragoneses, director xeral de Pago de Carraovejas e Ossian Vides y Vinos, confirmou a noticia aínda que non quixo desvelar o custo do investimento. Ruiz atopábase onte en Ribadavia (Ourense) precisamente para asinar ante notario a constitución da nova sociedade con Emilio Rojo

Segundo Pedro Ruiz, a ausencia de descendentes levou a Emilio Rojo a chegar a un acordo con Pago de Carraovejas «para dar continuidade a este proxecto enolóxico». Pola súa banda, Emilio Rojo asegura en declaracións ao diario La Región que se trata de pór en marcha un proxecto "moi importante, non que eu e Viña Mein seguiremos ao fronte das adegas para facer un gran branco de ámbito nacional".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ás negociacións con Viña Mein atópanse abertas e calcúlase que o acordo podería estar asinado nunhas semanas. A adega posúe 16 hectáreas de viñas situadas nas mellores ladeiras do val do Avia, en San Clodio e Gomariz. O seu propietario é Javier Alén, natural de Leiro, pero que reside en Madrid, onde exerce como avogado, ademais de dirixir outros negocios.. Desde 2015 a elaboración de todos os viños da adega está ao cargo de Comando G, que tamén produce na DO Cebreros (Ávila).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada