Desenvolvemento rural

Actualizadas as fichas de contido das capas SIGPAC 2018

24/04/2018 1:54 p.m.

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) acaba de publicar a descrición detallada das capas do SIGPAC que se poden consultar a través do Visor e do servizo WMS, actualizado tras a publicación da ortofoto do ano de voo 2017 correspondente ás provincias da Coruña, Pontevedra, Alacante e as Comunidades Autónomas de Asturias,  País Vasco e Madrid. En base a esta información gráfica débense declarar as superficies para as axudas da PAC.

Consulta aquí máis información.

SIGPAC: Caché da campaña 2018

Por outra banda, pódese consultar a través do Visor do SIGPAC o caché de campaña 2018, en base á cal se deberán declarar as superficies no contexto da Solicitude Única de Axudas da Política Agrícola Común (PAC).

En canto á ortofoto actualmente publicada no Visor SIGPAC, está previsto que antes do mes de xullo, tanto o Visor como o servizo WMS do SIGPAC, amose o resto de ortofotos dos voos PNOA 2017 realizados sobre o resto de cuadrantes de Castela e León, Galicia, P. de Asturias, A Rioxa, País Vasco e Madrid.

Consulta aquí máis información. 

Etiquetado
Ir a la portada