Viña

Actualización das zonas afectadas pola flavescencia dourada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/12/2023 3:12 p.m.

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe unha corrección de erros pola que se actualizan as zonas de viñedo afectadas pola enfermidade da flavescencia dourada. A orde recolle tanto as zonas infestadas como as zonas tampón, de especial seguemento.

A zona afectada comprende unha ducia de concellos do sur de Pontevedra e do suroeste de Ourense (Cortegada, Gomesende, Padrenda, Pontedeva e Quintela de Leirado, na provincia de Ourense; e A Cañiza, Arbo, As Neves, Crecente, O Rosal, Oia e Tomiño, en Pontevedra).

A principal zona de incidencia prodúcese nos concellos limítrofes das dúas provincias, como Crecente e Arbo (Pontevedra) ou Padrenda (Ourense). Entre os tres municipios suman máis das tres cuartas partes das arredor de 90 parcelas afectadas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En cambio, no Baixo Miño polo de agora o impacto é mínimo, con só tres parcelas afectadas no Rosal, Oia e Tomiño.

Este é o mapa de afección da praga que publica hoxe a Consellería.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada