Forestal

Actividade de sensibilización ambiental sobre as bestas en Sabucedo

Campo Galego 02/07/2021 9:00 a.m.

Os montes de Sabucedo (A Estrada) acollen este sábado día 3 unha xornada de sensibilización para a protección e defensa das bestas, o que consideran o mamífero en semilibertade máis grande de Europa occidental. A parroquia é coñecida polo labor de recuperación e conservación destes animais, e celebra cada ano no verán a tradicional rapa e saneamento dos animais, unha cita multitudinaria que tamén contribúe a manter as bestas no monte.

A xornada deste sábado é unha saída ós montes de Montouto para observar o comportamento das bestas de Sabucedo e demais fauna do lugar, así como outros atractivos deste paraxe natural, como restos arqueolóxicos.

A saída está fixada para as 9.00 horas e o punto de encontro é o Teleclube de Sabucedo. O regresso está previsto para as 14.00 horas. Os organizadores recomendan levar roupa cómoda para sendeirismo, auga, bocadillo e prismáticos.

É preciso confirmar asistencia no Teleclube, no teléfono 639 105 098 ou no correo rapadesabucedo@gmail.com.

Etiquetado
Ir a la portada