Carne

Acruga subasta este martes 19 cinco xovencas en Becerreá

O prezo de saída dos animais sitúase en 1.800 euros. Esta poxa é a segunda da tempada, tras a celebrada no Valadouro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/03/2019 8:16 p.m.

O mercado gandeiro de Becerreá acollerá por séptimo ano consecutivo unha das poxas da Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga). Será este martes 19 a partir das 13 horas. No evento subastaranse cinco xovencas de entre 17 e 23 meses que están preñadas de 4 a 8 meses. Tódolos exemplares proceden da granxa Gayoso Castro, ligada á Deputación de Lugo.

O prezo de saída será de 1.800 euros, existindo unha axuda á compra de 200 euros por animal concedida por Caixa Rural Galega. Acruga espera lograr boas cotizacións, xa que esta subasta adoita congregar a un gran número de compradores, ao ser unha das vilas de cabeceira da montaña lucense.

A poxa de Becerreá viña sendo nos últimos anos a de apertura da tempada de subastas de Acruga, aínda que este ano celebrouse con anterioridade a poxa do Valadouro, un concello da Mariña lucense que acolleu por primeira vez unha das citas do calendario de Acruga.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En Becerreá hai actualmente 44 ganderías de rubia galega e un total de 780 cabezas de gando. Os gandeiros interesados en presentar ofertas por algún dos animais poderán retirar tarxetas no mesmo mercado gandeiro a partir das 12 horas do mediodía.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada