Carne

Acruga mantén unha primeira reunión coa conselleira do Medio Rural

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/01/2016 9:44 a.m.

A Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) mantivo unha primeira reunión coa nova conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para informala das súas actividades. No encontro, no que participaron o presidente de Acruga, César Dorado, e a secretaria executiva, María Traba, a asociación trasladoulle á conselleira o traballo que está a desenvolver na mellora xenética da raza, cun programa que inclúe selección de vacas, de sementais e transferencia de embrións.

A liña de mellora xenética, que segundo Acruga permitiu nos últimos anos mellorar cuestións como a facilidade de parto da raza, continuará a ter o apoio da Consellería, informou Medio Rural tras a reunión.

Cabalos de pura raza galega
A directora xeral de Gandaría, Belén do Campo, mantivo pola súa parte outro encontro de traballo coa Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), á que informou da próxima creación dun banco de seme e de embrións de cabalos de raza galega. Medio Rural desenvolverá un programa de cría e testaxe de poldros no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, ubicado en Fontefiz (Coles, Ourense).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada