Leite

Acordo para a mobilización do sector lácteo en Chantada

A proposta acordada na reunión coa Plataforma en Defensa do Sector Lácteo foi facer unha concentración de tractores en Chantada ás 12 do 6 de agosto, na feira, con posterior recorrido polas principais rúas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/07/2015 11:23 a.m.

A Plataforma pola defensa do sector lácteo galego reuniuse este mércores ás 17 horas no telecentro do Concello de Chantada para consensuar medidas para mobilizar á poboación da comarca.

Á reunión asistiron representantes dos concellos, produtores, consumidores, fabricantes de pienso, cooperativas, sindicatos, partidos políticos,etc, dos concellos de Chantada, Monterroso, Taboada, Carballedo, Sober, Monforte, Saviñao,etc.

Na reunión consensuáronse medidas para mobilizar á poboación e sensibilizala dos graves problemas que atravesa o sector lácteo, "despois de que as reunións coa Xunta e Ministerio non aportasen máis que vaguidades e propostas a medio prazo".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Manifesto aprobado

Consensuouse un manifesto de medidas para solucionar os graves problemas polos que atravesa o sector, coas seguintes propostas a corto prazo:

1.1 Garantir a recollida de todo o leite producido, e prezos que cubran custos de produción.
1.2 Cuantificación do excedente lácteo e xestión do mesmo a través dos mecanismos de intervención, almacenamento privado e envío a axuda humanitaria.
1.3 Mecanismos para clarificar os movementos de leite e derivados no mercado supervisado polo ministerio, con balances mensuais áxiles. O mesmo tempo, poñer en funcionamento medidas para compensar os posibles desequilibrios do mercado, con implicación da Fenil.
1.4 Posta en marcha inmediata de medidas de acompañamento do paquete lácteo, que fagan áxil a defensa xurídica nos casos de incumprimento dos contratos.
1.5 Posta en valor do leite con orixe galego, pasteurizado e ecolóxico e impedir o uso que está facendo a distribución do leite como produto reclamo.
1.6 Posta en valor do leite con orixe galego, pasteurizado e ecolóxico e impedir o uso que está facendo a distribución do leite como produto reclamo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Itinerario da mobilización do día 6 de agosto

A proposta acordada foi facer unha concentración de tractores en Chantada ás 12 do 6 de agosto, na feira, con posterior recorrido polas principais rúas. Os comercios pecharán en tódolos concellos de 12 a 14 horas.

Farase unha marcha a pé ás 13 horas dende a feira ó Concello de Chantada, onde se lerá un manifesto reinvindicativo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada