Viña

Aconsellan tratar contra o mildiu xusto despois das choivas

Aviso fitosanitario da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, que insiste na necesidade de controlar a vexetación nas viñas e de aplicar os tratamentos co vento en calma.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/06/2015 9:45 a.m.

Reproducimos o último aviso da Estación Fitopatolóxica do Areeiro:

A práctica ausencia de humidade foliar destes días, os ventos e as elevadas temperaturas que se rexistraron permitiron un bo secado dos síntomas de mildiu procedentes de infeccións anteriores. De feito só vimos unha folla con pequenas manchas de aceite en formación nunha planta testemuña no Salnés.

As diferentes previsións meteorolóxicas anuncian precipitacións entre hoxe venres día 12 e o domingo 14, acompañadas de temperaturas suaves. Segundo prevén, non serán moi cuantiosas, pero nalgunhas zonas poden superar os 10 l/m2 polo que reducirán o período de protección do tratamento anterior ou o lavarán.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Polo tanto aconséllase realizar unha intervención inmediatamente despois das precipitacións, sobre todo se os síntomas dos tratamentos anteriores non están perfectamente controlados, pois poderían aparecer zonas de avance a partir deles.

Novamente vimos nesta semana como algúns viticultores estaban a realizar tratamentos baixo condicións de ventos fortes que levaban o fitosanitario fóra da área da viña. Loxicamente estes tratamentos non poden ser eficaces no control da enfermidade.

Igualmente, insistimos en que se observa, nalgunhas parcelas, un desenvolvemento excesivo da vexetación. Os brotes con esas características deben ser cortados para facilitar a aireación das plantas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada