Leite

Acción reivindicativa do sector lácteo nunha gran superficie comercial

Unións Agrarias desenvolve un acto para visibilizar o diferencial de prezos entre Galicia e outras comunidades

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/10/2023 2:52 p.m.

Unións Agrarias desenvolveu esta mañá unha campaña de recollida de sinaturas no supermercado Carrefour do Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela. O seu secretario xeral, Roberto García, expón que estes actos buscan informar aos consumidores da situación do sector lácteo. No caso concreto da recollida de sinaturas de hoxe, a demanda é que ningunha industria agroalimentaria que teña unha sanción por incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria poida optar a subvencións públicas.

“Durante moito tempo, as cadeas de distribución e a utilización do leite como produto reclamo foron centros das nosas mobilizacións, concentracións e denuncias. E hoxe queremos resaltar o comportamento da distribución, que está sendo transparente e coherente cos acordos alcanzados na Lei”, afirma García. Polo contrario, sostén que a actitude da industria non é así.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O obxectivo da organización agraria é levar ao Parlamento unha regulación do lácteo en igualdade de condicións co resto de cidadáns. “No caso de Galicia queremos que se fixe nos presupostos que non se poidan beneficiar de axudas as empresas agrarias e industrias leiteiras que, ou ben incumpran a Ley de la Cadena Alimentaria ou ben establezan un agravio comparativo entre produtores galegos e doutras Comunidades”, asevera o secretario de UUAA.

García sostén que actualmente os gandeiros galegos cobran entre 5 e 6 céntimos menos que os de Asturias ou Castela León por un leite “de mellor calidade”, xa que segundo os laboratorios interprofesionais “a proteína e a graxa das ganderías galegas é superior á de outras comunidades".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Dende o organismo fan un chamamento á Xunta, que está previsto que esta tarde manteña unha reunión coas industrias lácteas para abordar a situación do sector.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada