Desenvolvemento rural

Ábrese o prazo para solicitar fincas no Banco de Terras

Esta campaña incorpórase unha nova versión do SITEGAL que permite a busca de parcelas polas súas coordenadas.

04/03/2015 6:56 p.m.

Dende o día 1 de marzo está aberto o prazo para facer solicitudes de fincas incorporadas no Banco de Terras de Galicia. O prazo estará aberto ata o 30 de abril.

A incorporación de fincas polos seus propietarios/as así como os arrendamentos pactados pódense tramitar ao longo de todo o ano.

Máis información nas oficinas do Banco en Santiago de Compostela e nas Oficinas Agrarias Comarcais da Xunta de Galicia.

Novidades da nova versión de SITEGAL

A nova versión de SITEGAL xa está operativa. Con ela mellóranse aspectos do xestión do Banco e se incorporan novas funcionalidades, como a busca de parcelas polas súas coordenadas.

Información:

Na web do Banco de Terras: http://sitegal.xunta.es/

Enderezo:
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Subdirección de Mobilidade de Terras
Lugar da Barcia, nº 56, Laraño
15897 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Para calquera dúbida pode chamar ao teléfono 881 997 193.

Etiquetado
Ir a la portada