Forestal

Ábrese o prazo de alegacións ó decreto que regula o reinvestimento dos ingresos dos montes veciñais

Campo Galego 18/06/2015 12:22 p.m.

Medio Rural abriu un periodo de alegacións para o decreto que regula como se han de reinvestir os beneficios xerados nos montes veciñais. A normativa deseñada pola Consellería prevé que o 40% de todos os ingresos se teñan que reinvestir no monte. Esa porcentaxe elevarase ó 100% no caso de ingresos de madeira afectada por incendios ou temporais. Tamén se prevé que o gasto poida ser menor ó 40% sempre e cando que, cunha cantidade económica menor, se cumpran os investimentos previstos no instrumento de ordenación forestal do monte.

O decreto enumera unha relación clara de todos os ingresos que deben ser obxecto de reinvestimento no monte e establece tamén de forma detallada en que se poden gastar eses cartos. Por último, a normativa indica como se lle deben trasladar á Administración autonómica as correspondentes comunicacións ó respecto.

O decreto xa lle foi presentado ás organizacións do sector no último Consello Forestal, de cara a que fagan as aportacións que estimen oportunas. Pódese consultar o borrador do decreto neste enlace.

Etiquetado
Ir a la portada