Leite

Aberto o prazo de matrícula no Máster en Produción de Leite da USC

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/05/2016 11:19 a.m.

A Universidade de Santiago acaba de abrir o prazo de matrícula no Máster en Produción de Leite, que se organiza por cuarto ano consecutivo.

O máster impartirase en Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) e na Escola Politécnica Superior, Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo. O programa articúlase en diversos módulos teóricos nos que se abordarán temas como a morfoloxía, fisioloxía e manexo da vaca; calidade do produto; instalacións; produción de forraxes; alimentación e economía. O curso complétase coa realización de prácticas obrigatorias en diversas empresas do sector.

O prazo de matrícula finaliza o 24 de xuño. As clases presenciais comezarán no mes de setembro e durarán ata maio de 2017, mentres que as prácticas en empresas de outubro de 2016 ata non máis tarde do 30 de Xuño de 2017.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Toda a información do Máster en Produción de Leite nesta ligazón.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada