Visitas a adegas, posta en valor de itinerarios e rutas ligadas ao viño na comarca, actividades de ligazón entre o eido da pizarra valdeorresa e o do viño, maridaxe entre viño e música, catas e túneles do viño, entre outras accións, desenvolveranse na fin de semana dos 27, 28 e 29 de maio en diferentes enclaves de Valdeorras no marco da tradicionais xornadas de portas abertas promovidas dende a Axencia de Turismo de Galicia, organismo que financia esta acción.
Presentación o 2 de maio
A iniciativa será presentada oficialmente en Santiago o vindeiro 2 de maio e durante a próxima semana levaranse a cabo accións promocionais de street marketing nas sete cidades principais de Galicia coa finalidade de espertar o interese do público e atraer visitantes aos diferentes territorios amparados que celebran as súas xornadas de portas abertas.
O 5 de maio, ademais, levarase a cabo unha acción promocional específica dos buses do viño que, procedentes da Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Ponferrada achegarán visitantes ás xornadas de portas abertas nos días 28 e 29 de maio.
Intensa campaña promocional
No caso de Valdeorras, a Ruta do Viño desenvolverá unha intensa campaña promocional en medios de comunicación e redes sociais para favorecer a chegada de visitantes. Ao mesmo tempo, estase a involucrar ao tecido empresarial e hosteleiro da comarca onde se distribuirán folletos con mapas e carteis das xornadas.