Carne

Aberta a inscrición a un curso gratuíto de gandaría rexenerativa nos Ancares

O biólogo ambientalista Antonio Tucci será o encargado de divulgar as posibilidades deste novo xeito de entender a gandaría

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Javier H. Rodríguez 14/05/2021 5:49 p.m.

Interésache a gandaría ecolóxica e vives preto dos Ancares? Se é así, os días 25 e 26 de maio e o 1 de xuño, no edificio de servizos múltiples de San Román de Cervantes tes unha cita, totalmente de balde, co biólogo Antonio Tucci.

Biólogo ambientalista, gandeiro e con formación superior en gandaría exolóxica, Tucci ten realizado múltiples formacións arredor da gandaría rexenerativa e o manexo holístico do gando. Agora, compaxina a súa faceta divulgativa coa de asesor para diferentes granxas galegas.

As inscricións pódense realizar a través do seguinte enlace.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_143496" align="alignnone" width="660"] Cartaz do curso nos Ancares[/caption]

[box style="0"]

A gandaría rexenerativa

As actividades que abranguen a gandaría ecolóxica destácanse por ser multidisciplinares e abarcan varias áreas, xa que son un modelo de xestión globalizada. Úsase a xestión gandeira por medio do manexo holístico. É dicir, con diferentes animais en pequenas parcelas establecidas faise unha rotación controlando o sobrepastoreo. Outro dos piares desta gandaría é facer unha retención de auga por medio de patróns de cultivo que incentiven este comportamento

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada