Noticias de empresa

ABANCA e a D.O. Monterrei acordan novas opcións de crédito para os viticultores e adegas da comarca

19/10/2016 11:40 p.m.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e ABANCA renovaron este mércores a súa colaboración en materia financeira con novas opcións de crédito para atender as demandas de financiamento dos viticultores e das adegas.

O presidente do CRDO Monterrei, José Antonio Da Silva Pereira, e ao director de Zona de ABANCA en Ourense Sur, Diego Daniel Fernández Borrajo, rubricaron na sede do Consello, en Verín (Ourense), un novo convenio que reafirma o compromiso da entidade financeira cun segmento básico da economía produtiva da comarca de Monterrei e cun sector estratéxico para Galicia. Ao acto asistiu tamén o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro.
ç
O convenio pon a disposición dos integrantes desta Denominación de Orixe a completa oferta sectorial vitivinícola de ABANCA. Entre as mesmas, atópase unha póliza de crédito, que pode estenderse ata cinco anos, e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula neste texto. Así como outros produtos como préstamos para a reparación ou adquisición de nova maquinaria, liñas de comercio exterior para apoiar ás adegas nos seus proxectos de internacionalización, financiamento a través de leasing, avais, anticipos de subvencións ou impostos e liñas de desconto comercial ou produtos específicos, tanto para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo), como para adegas (seguro pemes adegas).

Sobre a DO Monterrei

La de Monterrei es una de las cinco denominaciones de origen vinícolas gallegas. La conforman 25 bodegas del valle de Monterrei, que abarca los municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra y Castrelo do Val. Los viñedos de esta D.O ocupan un total de 531 hectáreas de territorio en las que trabajan 445 viticultores.

Etiquetado
Ir a la portada