Forestal

A Xunta ofrece formación en técnicas de gabeo, desprazamentos e traballos en altura nas árbores

25/10/2022 11:07 a.m.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar no concello lucense de Becerreá un curso sobre técnicas de gabeo, desprazamentos e traballos en altura nas árbores. A formación impartirase de maneira presencial no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Becerreá os vindeiros días 27 e 28 de outubro.

A formación acerca das técnicas de gabeo, desprazamentos e traballos en altura nas árbores terá unha duración total de 15 horas e se impartirá en horario de 9,00 a 14,15 e 15,30 a 18,30 horas. O obxectivo desta formación é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios acerca das técnicas elementais de instalación de cordas, ascenso e descenso en seguridade sobre árbores que non presenten dificultades específicas.

Ademais, tamén tratarán outros temas como nocións básicas da arboricultura moderna ou as características xerais dun EPI. Todos os interesados poden consultar máis información sobre esta formación chamando ao teléfono 982 828 367, ou enviando un correo a cfa.becerrea@xunta.es

Etiquetado
Ir a la portada