Viña

A Xunta non declarará zona catastrófica os viñedos do Bibei afectados pola saraibada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/07/2015 10:35 a.m.

A Consellería do Medio Rural buscará primar aos viñedos do Bibei, amparados pola DO Ribeira Sacra, afectados pola saraibada do pasado venres. Así llo trasladou o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez nunha reunión celebrada onte cos alcaldes da Pobra de Trives e Manzaneda, que pedían a declaración dos viñedos como zona catastrófica.

Martínez asegurou que a Xunta buscará a maneira de primar a estes concellos nalgunha liña de axudas para reparación de camiños de acceso a viñedos e soutos de castiñeiros. Ademáis, os servizos de extensión agrarias visitarán a zona para avaliar os danos, aínda que a Xunta descarta axudas específicas, como reclamaban os afectados, “xa que os cultivos poden estar cubertos por un seguro agrario que conta ademáis con subvencións”.

A saraibada afectou a unhas 100 hectáreas de viñedo do Bibei, dentro da DO Ribeira Sacra, que abrangue unhas 2.600 hectáreas. Segundo os alcaldes dos concellos afectados, a afectación aos viñedos varía do 30 ao 80% , aínda que nalgúns a saraiba chegou a botar a perder o 100% da colleita. Ademaís, preocupa a afectación das vides danadas para o vindeiro ano.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O presidente del Consello regulador, José Manuel Rodríguez lembrou, en declaracións a La Región, que “o que verdadeiramente funciona son os seguros persoais de cada un e o que podan mover os concellos na Administración ou tomando medidas especiais, aínda que técnicamente non é fácil"

As aseguradoras conceden 20 días para a avaliación dos danos e urxe que os peritos da administración visiten as zonas afectadas para axilizar ao máxime os trámites de cobro dos seguros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada