Agricultura

A Xunta expediu no que vai de ano un 30% máis de carnés de fitosanitarios

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/06/2016 11:01 a.m.

A Consellería do Medio Rural expediu no que vai de ano un total de 10.945 carnés de fitosanitarios, en 1.466 cursos, ademais de realizar máis dun centenar de charlas divulgativas. Así o destacou onte en Outes a conselleira Ángeles Vázquez durante o inicio dun curso para a obtención de dito carné.

En concreto, no que levamos de ano, a Consellería expediu un total de 10.945 carnés de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios, entre o nivel básico e o cualificado, o que supón un incremento superior ao 30% con respecto aos 7.800 expedidos no mesmo período de 2015.

Os cursos impartidos para a súa obtención polo departamento que dirixe Ángeles Vázquez foron máis de 380 en 2016, aos que hai que sumarlle outros 1.086 organizados por entidades colaboradoras. Para que toda a xente que o precise poida realizar estes cursos, a Consellería puxo en funcionamento o pasado mes de abril un aula móbil de formación, con capacidade para 30 alumnos e conta cos medios audiovisuais precisos para impartir, de xeito máis didáctico, as materias e poder realizar as pertinentes prácticas. Os cursos de formación estanse dando en horario de mañá e tarde para que os alumnos poidan compatibilizar a súa asistencia coas actividades agrícolas da zona. Cada curso terá unha duración de 25 horas, das cales 9 serán prácticas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A maiores, e dada a gran afluencia de solicitantes do carné de fitosanitarios, Medio Rural decidiu organizar charlas informativas para deixar claro quen ten a obriga de sacar dito carné. Dende que entramos no 2016, foron máis dun centenar as charlas realizadas pola xeografía galega, dando cobertura a máis de 3.700 persoas.

Pódense mercar os produtos fitosanitarios cos xustificantes de ter superado o curso e de solicitude do carné

Por outra banda, para facilitar a compra e uso de produtos fitosanitarios en tanto se expide o correspondente carné de manipulador, a Consellería emitiu unha Resolución pola que se ditan instrucións relativas ao procedemento para a expedición e renovación do carné básico de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desta forma, e en tanto non se expide o correspondente carné, poderase comprar e usar ditos produtos mediante a xustificación de que se está en posesión da formación pertinente coa presentación do certificado emitido pola entidade de formación autorizada -ben sexa da Xunta ou das entidades colaboradoras- e co xustificante da presentación da solicitude de emisión do carné ante as autoridades competentes.

Así mesmo, para o caso de renovación de carnés de nivel básico, dita renovación farase de forma automática coa presentación previa de dita solicitude e presentando o carné antigo. Neste senso, cabe lembrar que as renovacións de carnés son cada 10 anos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada