Viña

A Xunta comprométese a impulsar a produción integrada no viñedo en Galicia

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias reuniuse coa asociación de vitivinicultores Envero, que agrupa a 7 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas, para establecer diferentes vías de colaboración

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/02/2016 7:27 p.m.

A Consellería do Medio Rural estudará diferentes vías de colaboración coa asociación de vitivinicultores Envero, para impulsar a Produción Integrada no viñedo galego. Así llo transmitiu a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, aos representantes deste colectivo –que agrupa a 7 adegas inscritas da Denominación de Orixe Rías Baixas–, nunha xuntanza de traballo mantida esta mañá en San Caetano.

A directora xeral explicoulles que a Consellería avaliará a posibilidade de apoiar este tipo de produción (un sistema de cultivo sustentable) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Así, estudarase por exemplo dar unha maior promoción aos viños producidos por este sistema dentro das liñas de apoio aos consellos reguladores. Tamén, traballarase para axilizar os trámites para a publicación do Regulamento Técnico de Produción Integrada de Industrias de Elaboración de Viño, que recolle diferentes indicacións relativas ás instalacións e equipos, rastrexabilidade, transporte, proceso de elaboración, fermentación alcohólica, embotellado, etiquetado e almacenamento. Na reunión de traballo estudáronse ademais outras posibles liñas de colaboración no marco do devandito PDR.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada