Leite

A Xunta asegura que aboará este venres outros 22 millóns de axudas da PAC

Fontes do FOGGA apuntan que probablemente boa parte das axudas a sociedades non se aboen ata o 6 de maio. A Consellería destaca que Galicia está 8 puntos por riba da media de España nos pagamentos da PAC

Loading ad.
Ad could not be loaded.
As ganderías de leite son as máis afectadas pola demora no pagamento das axudas 29/04/2016 9:55 a.m.

A Xunta aboará este venres outros 22 millóns de euros adicionais dos pagos directos da Política Agrícola Común (PAC) correspondentes á campaña 2015-2016. Comézase a satisfacer así unha reclamación unánime dos gandeiros, especialmente das explotacións lácteas que son sociedades, que ven como nun ano especialmente difícil para o sector o pago destas axudas retrasouse dende o habitual mes de decembro ata finais de abril.

Dende a Consellería do Medio Rural salientan que, con estes pagos, “Galicia está 8 puntos porcentuais por riba da media nacional nestes pagamentos da PAC”. En total, segundo un informe presentado este xoves no Consello da Xunta “a nosa comunidade leva pagadas un 81,42% das axudas, fronte á media nacional que está no 73,79%, en comparación cos pagamentos feitos na campaña anterior”. En total, lévanse tramitados 134,8 millóns de euros dos pagamentos directos da PAC en Galicia da campaña 2015-2016, cando aínda quedan dous meses para que esta remate, o vindeiro 30 de xuño.

Fontes do FOGGA apuntan a que probablemente ata o 6 de maio non cobren as sociedades

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Un dos colectivos máis afectados polo retraso no cobro da PAC este ano está sendo o das sociedades civís (SAT, SL, SC...etc), no que se inclúen a maioría das explotacións lácteas de maior tamaño, as que precisamente máis necesidade de circulante teñen tanto para mitigar a caída dos prezos do leite como para afrontar importantes gastos como a sementeira do millo.

Neste sentido, fontes do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), o organismo encargado da tramitación e pago das axudas da PAC, apuntan a que “con bastante probabilidade ata o día 6 de maio non se ingresará a PAC a boa parte das sociedades”.

Explicacións do atraso deste ano en cobrar a PAC

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As mesmas fontes atribúen estes atrasos tanto aos problemas creados pola adaptación á nova PAC, non só en Galicia senón tamén noutras Comunidades Autónomas, como “sobre todo á nova aplicación informática do Ministerio para tramitar a PAC, que creou un auténtico caos de traballo, sendo Galicia unha das poucas Comunidades que neste momento a usa, xa que a maioría volveron ás súas aplicacións propias”.

No informe presentado onte pola Consellería do Medio Rural tamén se recoñece que “a presente campaña de 2015 é a máis complicada de todo o período 2014-2020, dado que é a de implantación do novo modelo da PAC, que supuxo cambios de profundidade na xestión e nos controis administrativos e sobre o terreo a realizar, ademais de ser a campaña na que máis tarde se presentaron as solicitudes de axuda (15 de xuño)”.

Ademais, dende a Consellería do Medio Rural xustifícanse en que “en Galicia non é sinxelo xestionar estas axudas dos pagamentos directos da PAC” xa que “a diferenza doutras comunidades autónomas e estados membros nos que se poden empregar métodos de teledetección, en Galicia é imprescindible efectuar os controis sobre o terreo de forma presencial”. Trátase de 130.000 controis sobre o terreo, para un total de 1 ,3 millóns de parcelas declaradas anualmente na solicitude única de axudas da PAC.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, o informe recolle tamén que a Comisión Europea vén de aprobar (o pasado 22 de abril) os pagamentos directos da PAC efectuados por Galicia no período 2014-2015, o que supón a súa imputación ao orzamento comunitario.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada