Viña

A Xunta apoia a candidatura de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017

Loading ad.
Ad could not be loaded.
31/10/2016 1:44 p.m.

A Consellería do Medio Rural mostra o seu apoio ao municipio de Cambados para que este sexa elixido Cidade Europea do Viño 2017, que este ano corresponderá a unha cidade española. A conselleira, Ángeles Vázquez, xa enviou no seu día unha carta de apoio á candidatura desta localidade para o nomeamento que outorga a Rede Europea de Cidades do Viño (Recevin).

Ángeles Vázquez considera que lograr este recoñecemento suporía “un importante impulso á Denominación de Orixe Rías Baixas e contribuiría á promoción do enoturismo na Mancomunidade do Salnés e en todo o ámbito territorial das Rías Baixas”.

Doutra banda, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, recibiu ao concelleiro de Obras de Cambados, Xosé Ramón Abal Varela, que lle explicou á responsable autonómica en que consistía a súa proposta. A candidatura, que contempla ata 80 actividades, non inclúe só referencias á enoloxía en si, senón tamén ao enoturismo no Salnés. Contempla mesmo accións internacionais a través dun intercambio con Irlanda. Nesta iniciativa o Concello vai da man do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A candidatura de Cambados ten posibilidades de ser a seleccionada, xa que hai tres anos quedaba en segunda posición e é a única localidade con experiencia. En concreto, Cambados compite con Aranda del Duero, Vilafranca del Penedés e Palma del Condado. O gañador darase a coñecer o próximo venres, día 4 de novembro, tras unha reunión celebrada en Palmea, Portugal.

Recevin

A Rede Europea de Cidades do Viño (Recevin) está integrada por 800 urbes de toda Europa, entre as que destacan as de países como Italia, Portugal e España, pero tamén participan localidades de Francia, Alemaña, Grecia e Polonia. A entidade organiza este concurso no marco de actividades de promoción e difusión do enoturismo e considérase unha oportunidade única para potenciar o desenvolvemento da riqueza, diversidade e os rasgos comúns da cultura do viño a nivel europeo, ofrecendo un mellor coñecemento da paisaxe, a economía, a gastronomía e o patrimonio da zona elixida.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada