Agricultura

A UE autoriza 17 alimentos xenéticamente modificados

As autorizacións non cobren o cultivo destes OXM. Os Estados membros abstivéronse, o que implica conceder a autorización.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/04/2015 12:09 p.m.

A Comisión Europea acaba de adoptar 10 novas autorizacións de organismos xenéticamente modificados (OXM) destinados á alimentación humana ou animal, e renova 7 autorizacións vixentes - tamén autorizará da importación de 2 variedades de flores cortadas.

Estes OXM tiveron que pasar un procedemento exhaustivo de autorización, que inclúe unha avaliación científica pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (European Food SafetyAuthority,EFSA). As autorizacións non cobren o cultivo destes OXM.

Todos os OXM aprobados hoxe demostraron ser seguros antes de ser posto no mercado da EU. Estes produtos OXM autorizados hoxe serán engadidos á lista existente de 58 OXMs autorizados na UE para uso alimentarios (inclúen variedades de millo, algodón, soia, colza, remolacha azucreira). As autorizacións teñen unha validez de 10 anos, e calquera dos produtos producidos a partir destes OMX estarán suxeitos a estritas normas de etiquetaxe e trazabilidade da UE.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os Estados membros, tanto no Comité Permanente e no Comité de Apelacións, abstivéronse sobre as devanditas autorizacións. En ausencia dun ditame que reflicte a decisión do Comité, a Comisión está obrigada polo marco xurídico relativo aos OXM e pola Carta dos Dereitos Fundamentais a adoptar unha decisión sobre a solicitude, o que, na práctica, implica conceder a autorización.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada