Leite

A presión á distribución esténdese: os gandeiros bloquean Alcampo

Mañá está convocada unha manifestación ás 12:00 horas en Santiago que sairá da Alameda. Os gandeiros estenden o bloqueo ao Alcampo de Santiago, xa que a multinacional francesa (Auchan) non está disposta a un acordo que garanta un prezo do leite sostible.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
D.G. 09/09/2015 11:31 p.m.

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego decidiu esta tarde en Santiago, a instancias dos gandeiros, ampliar a presión sobre a distribución para que se sume a un acordo que garanta uns prezos sostibles para o leite de xeito que cubran os custos de explotación.

Se onte foi DIA e Carrefour, hoxe tocoulle a vez a outra multinacional francesa, Auchan, que se nega a asinar o acordo para un reparto xusto do prezo do leite na cadea valor, algo ao que, paradoxalmente si se comprometeu a facer en Francia.

Deste xeito, pasadas as 9 da tarde uns quince tractores bloquearon o acceso á zona de recepción de mercadorías de Alcampo-Santiago, situada en Área Central. Deixaron libres os accesos para un hotel colindante así como as saídas de emerxencia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A continuación, un grupo de gandeiros da comarca de Santiago accedeu ao Supermercado Alcampo para denunciar a política de marcas brancas de leite a baixos prezos da multinacional francesa que, denuncian, supón uns prezos ruinosos para as súas explotacións lácteas.

Finalmente na caixa unha encargada do supermercado impediulles saír sen pagar cos carritos cargados de leite e devolvéronllos sen problema. Como resposta, pagáronlle o leite a unha clienta que optou por mercar leite galego de marca FEIRACO e non de marca branca, o que despertou os aplausos dos gandeiros e da clientela.

A continuación ofrecemos unha galería de imaxes do bloqueo de Alcampo e da asemblea desta tarde:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[Best_Wordpress_Gallery id="59" gal_title="Alcampo Bloqueo"]

Polo demais, na asemblea dos gandeiros desta tarde, celebrada na Alameda de Santiago, tamén se informou de que, de chegar mañá a un acordo en Madrid sobre o sector lácteo entre industria, distribución e produtores, este será sometido a votación nunha asemblea prevista para o venres ás 12:00 horas na explanada de Salgueiriños.

Por último, os gandeiros que interviron agradeceron o apoio e comprensión da cidadanía de Santiago e fixeron un chamamento a participar na manifestación convocada para estes xoves ás 12:00 horas en defensa dun prezo sostible para os gandeiros, unha marcha que sairá da Alameda para rematar na sede da Xunta en San Caetano.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada