Leite

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego reúnese este luns con alcaldes e asociacións do Xallas, Costa da Morte e Bergantiños

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego reúnese este luns con alcaldes e asociacións do Xallas, Costa da Morte e Bergantiños

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/07/2015 1:12 p.m.

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego reunirase este luns, 27 de xullo, ás 11 horas no edificio multiúsos do Concello de Santa Comba para acordar medidas para mobilizar á poboación da comarca do Xallas .

Á reunión asistirán representantes dos concellos, produtores, consumidores, fabricantes de penso, cooperativas, sindicatos, partidos políticos,etc, dos concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, A Baña, Val do Dubra, Trazo, Vimianzo, Zas, Dumbría, Muxía, Carballo, Laracha, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños.

Segundo informa a Plataforma, na reunión consensuaranse medidas para mobilizar á poboación e sensibilizala dos graves problemas que atravesa o sector lácteo, “despois de que as reunións coa Xunta e Ministerio non aportasen máis que vaguidades e propostas a medio prazo”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A través dunha nota, a plataforma lembra que “os gandeiros están vendo como se levan o seu leite baixo ameaza de deixarllo de recoller e páganllo a prezos que non cobren custes de produción mentres a Conselleira relativiza o problema e se atreve a dicir que a situación non é tan grave”.

Manifestación en Santa Comba o 1 de agosto

Para o vindeiro sábado, 1 de agosto, está prevista unha mobilización do sector lácteo en Santa Camba na que a Plataforma tamén pide a implicación do comercio e do sector servizos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estas mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo continuarán ao longo de todo o mes de agosto nas principais comarcas gandeiras de Galicia e, de non haber solucións que cumpran as demandas dos produtores, culminarán a comezos de setembro cunha gran mobilización do sector gandeiro a nivel galego.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada