Leite

A Plataforma do Sector Lácteo estudará accións a mediados de outubro

As organizacións agrarias advirten de que xa hai industrias que están presionando ós gandeiros para que asinen novos contratos que non melloran os prezos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/09/2015 12:56 a.m.

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo estudará accións contra as industrias que incumpran o acordo asinado o pasado mércores no Ministerio. Desde a Plataforma advirten de que xa hai empresas que están a presionar ós gandeiros para que asinen contratos para os próximos meses que non melloran o prezo actual, o que entenden como un incumprimento do acordo asinado por distribución e industrias en Madrid.

A maiores, as organizacións agrarias que integran a Plataforma advirten de que hai un grupo de primeiros compradores –intermediarios- que non retiraron os contratos á baixa. O sector está tamén preocupado polas presións ós gandeiros que participaron nas mobilizacións. “Están a ser criminalizados por defender o seu traballo. Non permitiremos que ditas presións rematen en represalias”, sinalan os representantes dos produtores.

Comisión de seguemento
A Plataforma solicitará da Xunta a posta en marcha dunha comisión de seguemento en Galicia na que abordar os posibles incumprimentos do acordo asinado en Madrid, según informa a Organización de Productores de Leche (OPL) en nota de prensa.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, a Plataforma reitera que está aberta á incorporación de todos os colectivos interesados en defender ó sector lácteo e que queiran participar na toma de decisións das medidas a seguir a partir de outubro.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada